Nun momento no que as ganderías e as empresas do sector primario están cada vez máis tecnificadas e, ao mesmo tempo, teñen dificultades para atopar man de obra, a formación especializada converteuse nunha ferramenta clave para garantir a remuda xeracional. O IES de Arzúa, na provincia da Coruña, leva catro décadas apostando pola rama agraria e, grazas á súa oferta de ciclos medios, superiores e formación profesional básica, consolidouse coma unha ponte directa entre a aula e o emprego para moitos mozos da comarca.