Na granxa:Casa Alonso

A Roberto Alonso, as vacas gustáronlle dende pequeno, segundo di, "no momento no que te crías con elas, lévalo dentro", pero ao ter que decidir que estudos cursar decantouse pola automoción. A crise que houbo arredor do 2010 fixo que repensara o seu futuro e no 2014 incorporouse á explotación familiar.