Na granxa: Ganadería Castelo

As mozas de 25 e 31 anos, Laura e Natalia Camiño, dedican xa o 100% da súa vida profesional á Ganadería Castelo, a granxa familiar na que tamén traballan os seus pais María Ángeles e José Ramón. Robotizaron a ordeira hai un ano e medio e o seu futuro inmediato pasa por construír un novo establo para o seu recreo.