Na granxa: Ganadería Novoa

Ganadería Novoa é a propietaria da frisona que se posicionou como líder do último ranking de vacas con maior produción vitalicia de Galicia, publicado pola Federación Frisona Galega (Fefriga). Ademais, varios dos seus animais tamén conseguiron colocarse ao longo da lista. Estes resultados non son unha mera casualidade e achegámonos en persoa á granxa para saber cal é o seu segredo.