Con apenas vinte anos, Pablo Rodríguez decidiu que as doce vacas de leite dos seus avós non podían ser o final dunha historia. Oito anos despois, Ganadería Xuíz suma 220 animais, dous robots de muxidura, 110 hectáreas e un equipo de tres persoas. A súa evolución apoiouse no investimento, no asesoramento e nunha idea que se repite detrás de cada decisión: mellorar o funcionamento de toda a granxa antes de volver crecer.