Con máis de corenta anos de historia, a gandeira Hermanos Sañudo Argüelles evolucionou e creceu, pero na actualidade enfróntase a un obstáculo inesperado: A presión do polígono industrial que a rodea. Longe de rendirse, seguen crendo no progreso do seu negocio e reclaman á Administración unha solución que lles permita seguir traballando sen máis trabas.