Na granxa: SAT Fontixón

María e Andrea Otero son as caras máis novas da gandería Fontixón e ultimamente están protagonizando as noticias relacionadas cos concursos de novos preparadores e manexadores da raza frisona; tanto é así que participarán no próximo certame europeo Young Breeders School ao quedar primeira e segunda clasificadas no ranking realizado polo Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia, en colaboración coa Federación Galega da Raza Frisona (Fefriga). Tanto elas coma os seus pais, Juan Carlos e Julia, quixeron compartir connosco como ven o presente e o futuro da súa granxa de leite.