Neste estudo, que ve a luz en Vaca Pinta 61, Marío Merino (2.º Premio Traballo Fin de Grao Vaca Pinta-Facultade de Veterinaria, USC 2024/2025) avalía a importancia da ecografía pulmonar coma unha ferramenta de diagnóstico precoz e eficaz no gando vacún de leite e aborda os seguintes puntos fundamentais: impacto da síndrome respiratoria bovina (SRB), a vulnerabilidade anatómica e as vantaxes da ecografía, coma un estándar necesario para mellorar o benestar animal e a rendibilidade económica das nosas granxas.