O incremento do estrés térmico por calor e humidade en Galicia está afectando de forma directa o rendemento reprodutivo e a produción da vaca frisona. Fronte ás limitacións e aos custos operativos dos sistemas de arrefriamento mecánico, a incorporación do xene SLICK preséntase como unha solución xenética hereditaria para mellorar a capacidade de termorregulación do gando, preservando a estabilidade produtiva e a rendibilidade das explotacións leiteiras. Cóntao Francisco Juan Carbone, asesor gandeiro e CEO fundador de Asesoría Genética Integral (AGI), neste artigo publicado en Vaca Pinta 61.
XENÉTICA
O xene SLICK: a xenética que blinda a rendibilidade leiteira fronte á calor húmida de Galicia