O equipo formado por J.A. Oliveira (Universidade de Oviedo); K.J. Boote, F.A.A. Oliveira e G. Hoogenboom (Universidade de Florida), e A. Carballal e A. Martínez-Fernández (Serida, Asturias), presenta en Vaca Pinta 40 o estudo realizado con base en dúas liñas de traballo: a adaptación e avaliación do modelo CSM-CERES-Maize mediante a estimación dos parámetros de cultivares a partir dun experimento de campo previo de tres anos (2012, 2013 e 2014), que inclúe tres cultivares (FAO 200, 300 e 400) en tres zonas de Asturias, e a utilización da análise estacional de DSSAT para examinar a variación interanual da produtividade do millo forraxeiro debida ao clima.
ESPECIAL: ENSILADO DO MILLO
Adaptación do modelo CSM-CERES-Maize (DSSAT) para simular a produción de millo forraxeiro: variación interanual en Asturias