ESPECIAL: RECRÍA

Diferentes estratexias de alimentación e manexo na etapa de leite na recría

Diferentes estratexias de alimentación e manexo na etapa de leite na recría

Neste estudo, publicado en Vaca Pinta 41, Rogelio Grille, de Recría Castro, e Noelia Mourazos, do Servizo de Calidade de Leite (USC), expoñen datos propios da súa experiencia na recría de xovencas seguindo dúas diferentes estratexias, e mesmo a súa evolución ao longo do tempo, co obxectivo común de calquera gandeiro de vacún de leite: obter unha xovenca a parto con menos de 24 meses de máis de 600 quilos de peso vivo que sexa sa e funcional para producir moito leite ao menor custo posible.