Manuel Morales (Oceva) pon o foco neste estudo, publicado en Vaca Pinta 42, na enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE), a cal irrompeu con forza nas nosas granxas, e comparte a información do que aprendemos ata o momento sobre o virus que a provoca, o vector e sobre cales son as pautas de manexo que debemos implementar para paliar os seus efectos mentres non dispoñamos dunha vacina eficaz.