Manuel Fernández (webmaster de www.cowsulting.com) e Ana María Benítez Sánchez (TPM Consultant, Angestellt Düsseldorf, Alemania) expoñen en Vaca Pinta 39 os resultados do estudo levado a cabo co fin de procesar datos dunha mostra de control leiteiro en Galicia durante catro anos, para detectar as diferenzas económicas existentes entre as curvas de lactación de animais sans, a poboación e animais enfermos con test correspondente á mastite clínica-subclínica.
ESPECIAL: CALIDADE DO LEITE E MUXIDO
Impacto económico das células somáticas segundo o seu nivel de produción