SAÚDE ANIMAL

Infección por Mycoplasma bovis en rabaños bovinos españois e avaliación de novas estratexias de control

Infección por Mycoplasma bovis en rabaños bovinos españois e avaliación de novas estratexias de control

Ana García-Galán Pérez, da Universidade de Murcia, presenta en Vaca Pinta 49 os resultados do traballo de investigación co que foi galardoada co primeiro premio na 27.ª edición do Premio Syva. A súa tese de doutoramento céntrase no Mycoplasma bovis, a través de cinco estudos realizados cos seguintes obxectivos: analizar a presenza e circulación de M. bovis no rabaño bovino; estudar a circulación dos diferentes subtipos; examinar o seu papel en casos de enfermidade respiratoria en tenreiros de cebo que non responden ao tratamento antibiótico convencional e observar a súa viabilidade en diferentes fluídos tras tratamentos realizados en laboratorio.

Ademais, xa está aberta a convocatoria do 28.º Premio Syva, cuxos gañadores se anunciarán en abril de 2025. Este ano, as candidaturas están abertas ata o 18 de febreiro de 2025 para teses que fosen defendidas durante os dous cursos académicos anteriores (2023 e 2024), agás as que xa participaran no Premio Syva.