ESPECIAL: SEMENTEIRA DO MILLO FORRAXEIRO

A aplicación web RAX de recomendación de fertilización con xurro no millo forraxeiro e as perdas de nitróxeno por volatilización de amoníaco

A aplicación web RAX de recomendación de fertilización con xurro no millo forraxeiro e as perdas de nitróxeno por volatilización de amoníaco

Neste estudo, publicado en Vaca Pinta 44 por M.I. García Pomar, D. Báez Bernal e J. Castro Insua, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo-Agacal, explican polo miúdo o funcionamento da aplicación RAX no millo forraxeiro, a cal proporciona unha recomendación de fertilización deste cereal tendo en conta como fonte principal de nutrientes a reciclaxe do xurro, unha recomendación que pode vir complementada co uso de fertilizantes minerais.