A Conferencia Internacional de Saúde Podal e Benestar, Summer Trimming School (STS), regresou a España cun éxito rotundo. Durante dous días intensos (3-4 de xullo), máis de 200 expertos e profesionais de 35 países reuníronse en Mas Bes (Xirona) para compartir coñecementos e avances no sector da saúde podal. Nas seguintes liñas, publicadas en Vaca Pinta 40, Daniel Zalduendo (Anka) e José María García (Seragro) ofrecen unha crónica do que deu de si este encontro.