O ámbito gandeiro necesita xente nova, con ganas de aprender, de atender e de ser cada día máis profesional. Sirva como exemplo nesta nova entrega da nosa sección, dispoñible en Vaca Pinta 36, o traballo de Martín Ruiz, un gandeiro da comarca Valles Pasiegos (Cantabria), quen, despois de realizar un grande esforzo económico, investiu na primeira unidade Ten Napel Hoofcare que chegou a España.