Juan Manuel Loste (Albaikide), José Ignacio Martí (departamento de Patoloxía Animal da Facultade de Veterinaria da Universidade de Zaragoza) e Araceli Loste (departamento de Patoloxía Animal da Facultade de Veterinaria da Universidade de Zaragoza) ofrecen neste traballo publicado en Vaca Pinta 42 os resultados da investigación levada a cabo para determinar se existen diferenzas nos índices reprodutivos e produtivos entre as vacas e xovencas holstein puras e dous dos seus cruces (vermella sueca e montbeliarde) nunha explotación comercial de alta produción leiteira, ademais de establecer as diferenzas entre os grupos na supervivencia á primeira inseminación (en xovencas) e a cada un do tres primeiros partos.
ESPECIAL: XENÉTICA E REPRODUCIÓN
Pode ser o crossbreeding unha estratexia útil para a mellora dos índices reprodutivos, produtivos e económicos en rabaños leiteiros comerciais?