En Vaca Pinta 48, Vicente Jimeno Vinatea (Universidade Politécnica de Madrid) realiza un percorrido pola evolución da produción de gando de leite dende o ano 1985 ata a actualidade e analiza ao detalle os principais cambios sufridos no que respecta a aspectos como censo de vacas produtoras, prezo do leite, número de gandeiros, así como o manexo, alimentación e sistemas de muxido. Finalmente, enumera algúns puntos de mellora con vistas a garantir o futuro do sector.