A cetose ou hipercetonemia é, xunto coa hipocalcemia, a enfermidade metabólica máis importante no gando vacún leiteiro. Aínda que se avanzou moitísimo no seu coñecemento, especialmente na profilaxe a través do manexo e da alimentación, segue a ser moi prevalente, polo que o tratamento dos casos clínicos e subclínicos non pode ser descoidado en ningunha granxa leiteira. Sobre isto afondan neste traballo publicado en Vaca Pinta 25 Raquel Patrón Collantes (UCM, Trialvet) e Juan Vicente González Martín (UCM, Trialvet).