O índice de prezos dos produtos lácteos subiu un 2,3 % na segunda poxa de agosto de Fonterra, celebrada este martes, e o prezo medio situouse en 3.873 $/tonelada. Trátase da terceira poxa consecutiva á alza, despois dos incrementos do 1,5 % e do 0,1 % rexistrados nas dúas citas anteriores.
O maior aumento correspondeu ao leite desnatado en po, que incrementou o seu valor un 7,6 % e alcanzou os 3.502 $/tonelada. Tamén evolucionaron á alza a mozzarella (+6,1 %), o leite enteiro en po (+3 %) e o queixo cheddar (+0,6 %), con prezos de 4.234, 3.591 e 3.744 $/tonelada, respectivamente.
Pola contra, a manteiga descendeu un 2 % e fixou o seu prezo medio en 5.090 $/tonelada.
Esta evolución mellora a rexistrada no mesmo período do ano pasado. Na segunda poxa de agosto de 2025, o índice descendera un 0,3 %, con caídas na manteiga, no queixo e no leite desnatado en po.