ESPECIAL: ENSILADO DE HERBA

Adaptarse ou morrer: sustentabilidade na produción de forraxes ensiladas

Adaptarse ou morrer: sustentabilidade na produción de forraxes ensiladas

Mellorar a calidade da ensilaxe das nosas forraxes e facelo dunha forma máis sostible conséguese coa suma de boas prácticas gandeiras coas que, ademais de contribuír á redución da emisión de gases de efecto invernadoiro, lograremos incrementar a produtividade das nosas vacas. Analízano os veterinarios Antón Camarero e Alexandre Udina no seguinte artigo publicado en Vaca Pinta 29.