ACTUALIDADE

O control leiteiro, algo máis que litros de leite e células somáticas

O control leiteiro, algo máis que litros de leite e células somáticas

Grazas a un acordo entre o Ligal e as Africores, coa colaboración de Medio Rural, ademais da análise dos parámetros que viñan sendo habituais, como son a graxa, a proteína e o RCS, a partir de agora os gandeiros galegos en Control Leiteiro dispoñen de analíticas complementarias dos ácidos graxos, betahidroxibutirato, urea e RCD. Neste estudo do Centro Autonómico de Control Leiteiro (Cegacol), publicado en Vaca Pinta 27, ofrécese unha análise pormenorizada de cada un destes parámetros, os cales redundarán nunha maior produtividade dos nosos animaisl.