Os incendios forestais ou a progresiva tropicalización do clima galego son algunhas das causas que están a provocar que este réptil se estea acercando cada vez máis aos núcleos rurais. Neste artigo publicado en Vaca Pinta 7 os veterinarios Enrique Muñoz-Cantero, Cristina Castillo, Juan Vicente González e Joaquín Hernández describen dous casos acontecidos nunha explotación de gando leiteiro, co obxectivo de achegar luz sobre esta situación e servir de axuda tanto a outros clínicos como aos gandeiros.