Tomando como punto de partida un grupo de ganderías extensivas, Ibán Vázquez González, Cristian Miras-Varela, María do Mar Pérez-Fra, Bernardo Valdés Paços e Ana Isabel García Arias (Campus Terra, Universidade de Santiago de Compostela) realizan, en Vaca Pinta 48, unha tipoloxía que lles permitiu aproximarse aos manexos de pasto dende o punto de vista da súa rendibilidade económica.