Caixa Rural Galega abre en Carballo a súa oficina número 49 no ano do seu 60 aniversario

Caixa Rural Galega abre en Carballo a súa oficina número 49 no ano do seu 60 aniversario

Caixa Rural Galega inaugurou este luns unha nova oficina en Carballo, situada na rúa Desiderio Varela, 6, coa que alcanza as 49 oficinas en Galicia. A apertura reforza a presenza da entidade na provincia da Coruña e coincide coa celebración do seu 60 aniversario.

A nova sucursal contará inicialmente cun equipo de tres persoas e nace coa vocación de ofrecer un servizo financeiro de proximidade adaptado ás necesidades de familias, autónomos, explotacións agrarias, pemes e empresas da comarca de Bergantiños.

O acto inaugural contou coa participación do director xeral de Caixa Rural Galega, Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón; do presidente da entidade, Manuel Varela López; do alcalde de Carballo, José Daniel Pérez López, e da deputada provincial responsable da área de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais, Mónica Rodríguez Ordóñez.

Durante a súa intervención, Manuel Varela destacou o compromiso de permanencia da entidade e sinalou que esta nova apertura busca dar resposta ás necesidades dos veciños e do tecido económico da comarca. Caixa Rural Galega mantén así a súa aposta por un modelo cooperativo baseado na proximidade e no apoio aos sectores produtivos galegos.