Caixa Rural Galega participou este xoves nunha nova edición do Día Solidario, unha iniciativa que une a todas as entidades do Grupo Caja Rural e ao equipo ciclista Caja Rural-Seguros RGA cun obxectivo común: axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade.
Durante a xornada, o 20% das pólizas de seguros vendidas destinarase a proxectos sociais e comunitarios. Con iso, o Grupo reafirma o seu compromiso coa mellora da vida dos máis desfavorecidos e fortalece a súa colaboración con asociacións e organizacións locais, que garanten que as axudas cheguen a quen máis as precisa.
O Día Solidario consolidouse como unha cita anual de referencia na axenda de responsabilidade social do Grupo. Dende a súa posta en marcha, canalizou miles de euros cara a proxectos de carácter social, convertendo a solidariedade nun auténtico selo de identidade. O equipo ciclista Caja Rural-Seguros RGA tamén reforzou este espírito, gañando o recoñecemento como o conxunto máis solidario do pelotón.