Aumentan os prezos de todos os lácteos en Fonterra

Aumentan os prezos de todos os lácteos en Fonterra

A poxa de Fonterra viviu hoxe unha notable subida nos prezos de todos os produtos lácteos. Desta maneira, o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos incrementouse un 1,6 % con respecto á anterior poxa e chegou aos 3,323 $/tonelada. 

Nunha xornada na que practicamente todos os produtos aumentaron o seu valor, destaca a subida do queixo, que chega ata os 3.986 $/tonelada, cun incremento do 9,7 %.

Tamén rexistran datos en positivo o leite enteiro en po, cun ascenso do 2,1 % e un prezo de 3.104 $/tonelada; a manteiga, que anota un valor de 4.936 $/tonelada, cun ascenso do 0,7 %, e o leite desnatado en po, cun prezo de 2.671 $/tonelada tras subir un 1,2%.