Aumentos no prezo medio e un importante descenso na produción en setembro

Aumentos no prezo medio e un importante descenso na produción en setembro

O Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru os Primeiros Compradores que publica mensualmente a Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, volve recoller unha subida no prezo medio do leite no conxunto estatal en setembro e pasa, desta maneira, dos 0,476 €/litro en agosto aos 0,495 €/litro no exercicio seguinte. No que se refire aos valores no mesmo período o ano pasado, o prezo medio do leite estaba nos 0,342 €/litro, case céntimo e medio por debaixo dos datos de 2022.

En canto ao volume de produción mensual, continúa a tendencia á baixa que imperou este ano. Mentres que en xullo se declararon 610.010 toneladas e en agosto 602.185 toneladas, en setembro o descenso foi aínda máis acusado, cun rexistro de 571.661 toneladas.