O valor medio dos produtos lácteos na poxa de hoxe en Fonterra fixouse en 4.166 $/tonelada, un 5 % menos que na celebrada hai quince días.
O leite desnatado en po sufriu o descenso máis intenso, pois baixou un 8,6 %. Tamén se reduciron os valores do leite enteiro en po (-5,1 %), da manteiga (-2,1 %) e do queixo (-2 %).
A pesar de todo, a poxa de hoxe segue sendo superior á rexistrada no mesmo período de 2021, na que o prezo medio de venda foi de 3.839 $/tonelada.