O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos rexistrou este 5 de xaneiro un incremento final do 3,9 % ata alcanzar a 3,420 $/tonelada de media. Todos os produtos sacados a poxa aumentaron o seu valor con respecto á quincena pasada.
Nesta ocasión, destacan especialmente as subidas da manteiga (+7,2%) ata a 4,526 $/tonelada e do queixo Cheddar (+5,0 %), que alcanza os 4.078 $/tonelada.
Soben tamén o leite enteiro en po (+3,1 %), que anota un prezo final de 3,306 $/tonelada, e o leite desnatado en po (+4,1 %), que chega aos 3,044 $/tonelada.