O Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores que publica mensualmente a Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, rexistra unha nova subida no prezo medio do leite no conxunto estatal durante o mes de febreiro. Así, pasou dos 0,599 €/litro en xaneiro aos 0,603 €/litro no exercicio seguinte. No mesmo período do ano anterior, o prezo medio do leite fixábase nos 0,378 €/litro.
En relación ao volume de produción mensual, a cifra de leite cru producido en España volve caer. Mentres que en xaneiro se declararon 621.638 toneladas, en febreiro o descenso chegou ás 574.104 toneladas.
Finalmente, por rexións, Baleares (0,518 €/litro), Galicia (0,589 €/litro) e Navarra e A Rioxa (0,598 €/litro) son as comunidades co prezo medio máis baixo, mentres que Cataluña (0,630 €/litro), Comunidade Valenciana (0,619 €/litro) e Castela-A Mancha (0,618 €/litro) manteñen as medias máis altas.