Continúa o ascenso nos prezos de venda de leite spot en Europa

Continúa o ascenso nos prezos de venda de leite spot en Europa

O mercado lácteo europeo segue co seu lento pero constante crecemento no que respecta ao valor do leite spot. Agora, os últimos reportes relativos aos prezos de venda nos dous países produtores principais no continente apuntan cara a un novo incremento con respecto á semana anterior.

O mercado francés anota a subida máis destacada: aumenta un 3,73 % e sitúa o prezo de venda nos 366,0 €/tonelada. Tamén son positivos os datos en Alemaña, que incrementa o valor dos produtos lácteos un 2,86 % e chega aos 376,6 €/tonelada.