INFORME ENTREGAS DO LEITE MARZO 2021

Continúa a baixada no prezo medio do leite

Continúa a baixada no prezo medio do leite

A Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio Agricultura, Pesca e Alimentación, publicou o Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeros Compradores correspondente ao mes de marzo, no que se plasma un prezo medio do conxunto estatal de 0,337 €/litro, inferior ao rexistrado en febreiro (0,338 €/l), pero superior ao anotado no mesmo mes do exercicio 2020, cando se lograba un prezo medio de 0,333 €/litro.

Canarias (0,426 €/litro), Asturias (0,356 €/litro), País Vasco (0,354 €/litro) e Castela A Mancha (0,349 €/litro) son as comunidades que rexistran os importes máis elevados, mentres que Baleares (0,319 €/litro), Galicia (0,329 €/litro), Aragón (0,334 €/litro) e Estremadura (0,334 €/litro) sitúanse na zona oposta, cos datos máis baixos.

Informe de marzo de 2021