A primeira poxa do mes de outubro en Fonterra rexistrou outra subida nos prezos, que se suma á do mes pasado. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos superou hoxe a barreira dos 3.000 $/tonelada, ao anotar 3.104 $/tonelada, o que implica unha subida do 4,4 % con respecto á anterior quincena.
Novamente, a maioría dos produtos viron incrementado o seu valor. Desta forma, o leite desnatado en po anotou un aumento do 6,6 % e marca 2.558 $/tonelada. O leite enteiro en po tamén rexistra datos positivos, cun ascenso do 4,8 % (2.931 $/tonelada). O valor da manteiga, pola súa banda, establécese en 4.806 $/tonelada grazas á subida do 1,3 % na poxa de hoxe.
En canto ao queixo, marcou nesta primeira quincena de outubro un prezo de 3.853 $/tonelada (-4,8 %).