Por segunda semana consecutiva rexístrase unha forte suba de prezos en Fonterra, manténdose así esta tendencia alcista que destaca polos seus bos datos. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos subiu nesta ocasión ata un 2,5 % con respecto á anterior quincena, e alcanzou os 3.506 $/tonelada.
Cabe resaltar o incremento nos prezos do leite enteiro en po (+5,0 %), que anota 3.230 $/tonelada; o queixo (+4,5 %), con 4.561 $/tonelada, e a manteiga (+2,4 %), que se queda en 4.947 $/tonelada. A maiores, tamén o leite desnatado en po ascende un 1,5 %, ata os 2.787 $/tonelada.