O incremento desta semana en Fonterra volveu a ser notable: cun aumento do 4,3 % con respecto á quincena anterior, o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos alcanzou os 4.207 $/tonelada, o seu segundo mellor dato do ano. Se o comparamos co mesmo período en 2020, a cifra vólvese sobresaínte: o valor dos lácteos incrementouse no último ano un 25 % (o valor en novembro de 2020 roldaba os 3.200 $/tonelada).
Na xornada de hoxe despuntou particularmente o prezo do queixo, que alcanza os 5.058 $/tonelada tras unha mellora do 14,1 %. A manteiga sobe un 4,7 % ata os 5.350 $/tonelada e, pola súa banda, o leite enteiro en po alcanza os 3.921 $/tonelada (+2,7 %) e o leite desnatado en po chega aos 3.627 $/tonelada (+6,6 %).