Descenso en el valor de los lácteos en la última subasta de Fonterra

Descenso en el valor de los lácteos en la última subasta de Fonterra

Ao peche da poxa de hoxe en Fonterra o valor dos produtos lácteos sufrira un descenso xeneralizado. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos situouse nos 4.855 $/tonelada, un dato un 3,6 % inferior ao da quincena pasada. 

O prezo da manteiga quedouse nos 6.640 $/t (-3,7 %), mentres que o do queixo baixou aos 6.185 $/tonelada. Son inferiores con respecto a poxas anteriores tamén os valores do leite enteiro en po (4.207 $/t) e do leite desnatadO en po (4.408 $/t), que descenden un 4,4 % e un 4,2 %, respectivamente. 

No entanto, na comparativa con respecto a como estaba a situación hai un ano, a valoración é notablemente positiva: a media global de prezos estaba na segunda quincena de abril de 2021 nos 4.110 $/t, o valor da manteiga estaba nos 5.736 $/t e o do queixo nos 4.436 $/t, mentres que o leite enteiro en po roldaba os 4.100 $/t e o leite desnatado en po tiña un valor de 3.365 $/t.