O Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores que publica mensualmente a Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, fixa un novo descenso no prezo medio do leite no conxunto do país. Deste xeito, mentres que en marzo rexistraba un prezo de 0,595 €/litro, no seguinte exercicio, en abril, anota unha media de 0,560 €/litro.
Na comparativa anual, a cifra segue gañando á alcanzada en abril de 2022, cando o prezo medio do leite en España foi de 0,420 €/litro. En canto ao volume de produción mensual, a cifra de leite cru producido en España increméntase respecto a 2022. En abril deste ano declaráronse 635.655 toneladas, e o ano pasado, tamén no mes de abril, 631.640 toneladas.
Por rexións, Baleares (0,516 €/litro), Galicia (0,533 €/litro) e Murcia (0,526 €/litro) son as catro comunidades co prezo máis baixo, mentres que Canarias (0,610 €/litro), Asturias (0,607 €/litro) e Castela e León (0,606 €/litro) conseguen as medias máis altas.