O prezo medio do leite mantense en maio

O prezo medio do leite mantense en maio

O Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores que publica mensualmente a Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, mantén o prezo medio do leite en maio con respecto ao mes de abril no conxunto do país. Deste xeito, neste exercicio, anota unha media de 0,543 €/litro. 

En relación ao volume de produción mensual, a cifra do leite cru producido en España aumenta. Mentras que en abril se declararan 635.779 toneladas, en maio o aumento chegou ás 655.421 toneladas. 

Por rexións, Baleares (0,508 €/litro), Murcia (0,521 €/litro) e Galicia (0,522 €/litro) son as tres comunidades co prezo máis baixo, mentres que Canarias (0,611 €/litro), Asturias (0,577 €/litro) e o País Vasco (0,570 €/litro) conseguen as medias máis altas.