O prezo do leite en Holanda descende ata os 53,00 €/100 kg

O prezo do leite en Holanda descende ata os 53,00 €/100 kg

A industria láctea FrieslandCampina, de Holanda, fixo público o prezo garantido do leite aos seus produtores en outubro, que baixa de maneira significativa. O descenso é de 2,75 € por cada 100 quilogramos de leite con respecto ao mes de setembro, o que garante un valor de 53,00 €/100 kg.

O prezo integral do leite para este mes queda en 56,21 €/100 kg. Este importe baséase no prezo garantido, complementado pola prima máxima de Foqus planet, polos esforzos en sustentabilidade, e un bono por cantidade, despois das deducións por cargos e custos. Ademais, os membros de FrieslandCampina poden recibir un pagamento adicional en función dos resultados e da política de ganancias retidas adoptada.

O valor garantido aplicarase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína, 4,45 % de graxa e 4,53 % de lactosa, sen IVE. As cantidades aplícanse a un subministro medio de 925.000 quilos de leite anuais. A cotización da proteína este mes é de 809,57 euros e a da graxa de 539,71 euros por 100 quilogramos.