O prezo do leite spot en Italia roza os 66 €/100 litros

O prezo do leite spot en Italia roza os 66 €/100 litros

Os prezos dos lácteos no mercado italiano continúan á alza e a cotización do leite spot en Italia incrementouse nos últimos días un 4,2 % ata alcanzar un máximo de 65,98 €/100 litros. 

Relacionada con esta subida está tamén a tendencia do mercado europeo, no que todos os derivados lácteos aumentaron os seus valores notablemente. Cabe destacar especialmente o valor medio da manteiga no mercado alemán, cuxo prezo medio chegou aos 7.950 €/tonelada tras un incremento do 4,7 %.