O prezo do leite spot sobe en Europa na última semana de agosto

O prezo do leite spot sobe en Europa na última semana de agosto

Tras varias semanas cos datos de prezos estancados, os reportes de onte indican subidas considerables na venda de leite enteiro tanto de Francia como de Alemaña, os dous principais mercados produtores de leite e derivados en Europa.

Destaca particularmente o incremento no prezo de venda do leite en cisterna importado na súa maioría dos mercados alemán e austríaco, que aumenta o seu valor un 8,89 % e esta semana acada os 363,4 €/tonelada. Tamén é notable a subida do leite spot chegado de Francia, que crece un 6,25 % e sitúase nos 336,8 €/tonelada.