O prezo de venda de leite spot empeza o ano cunha importante subida en Europa

O prezo de venda de leite spot empeza o ano cunha importante subida en Europa

Francia e Alemaña, dous dos principais países produtores do continente, rexistraron unha gran semana no que respecta ao valor de venda de leite en mercados europeos.

É particularmente boa a subida do leite en cisterna chegada de Alemaña, que incrementa un 6,06 % o seu valor ata situarse nos 366,0 €/tonelada. Tamén é positiva a subida de leite spot chegado de Francia, que chega ata os 350,5 €/tonelada (+3,08 %).