A Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, acaba de publicar o Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeros Compradores correspondente ao mes de abril, cun prezo medio en España de 0,488 €/litro.
Con respecto ao volume de produción mensual, a cifra de leite cru producido en España descende con respecto ao mes anterior. No mes de marzo declaráronse 655.635 toneladas, mentres que no mes de abril se rexistraron 643.209 toneladas.
Por unha banda, as comunidades autónomas que acadaron o prezo máis alto en abril foron Canarias (0,624 €/litro), Asturias (0,534 €/litro), País Vasco (0,527 €/litro) e Comunidade Valenciana (0,525 €/litro). Por outra, as medias máis baixas fixáronse en Galicia (0,463 €/litro), Baleares (0,473 €/litro) e Madrid (0,486 €/litro).