A Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Produccións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, vén de publicar o Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru a Primeiros Compradores correspondente ao mes de febreiro cun prezo medio en toda España de 0,515 €/litro, unha cifra con poucas variacións respecto ao mes de xaneiro, no que se rexistrou un prezo medio de 0,517 €/litro.
No que si se notou un descenso importante é na cifra de leite cru producido no país, pasando de 629.604 toneladas no mes de xaneiro a 606.876 toneladas en febreiro.
As comunidades autónomas que lograron o prezo máis alto en febreiro foron Canarias (0,634 €/litro), Comunidade Valenciana (0,567 €/litro), Cataluña (0,547 €/litro) e Asturias (0,539 €/litro), mentres que Baleares (0,480 €/litro), Galicia (0,490 €/litro), La Rioja (0,507 €/litro) e Madrid (0,512 €/litro) quedaron coas medias máis baixas.