Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, publicou esta mañá o Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores correspondente ao mes de maio, no que se recolle un prezo medio do leite en España de 0,501 €/litro, unha cifra exactamente igual á do mes de abril.
En canto ao volume de produción mensual, o informe confirma un descenso respecto ao mesmo período do ano pasado. Mentres en maio de 2024 se declararon 668.148 toneladas, no de 2025 a cifra foi de 658.576 toneladas.
As comunidades autónomas co prezo máis alto en maio foron Canarias (0,631 €/litro), Euskadi (0,532 €/litro) e Asturias (0,520 €/litro). Pola contra, os prezos máis baixos rexistráronse nas Illas Baleares (0,467 €/litro), Galicia (0,488 €/litro) e Murcia (0,496 €/litro).