O Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores que publica de forma mensual a Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, sofre un pequeno descenso en agosto en comparación ao mes de xullo e rexistra un prezo medio de 0,518 €/litro en España. Con todo, houbo un aumento con respecto ao ano pasado, xa que en agosto de 2022 marcaba un 0,476 €/litro.
En canto ao volume de produción mensual, a cifra de leite cru producido no país tamén descende: no mes de xullo declaráronse 619.782 toneladas e, en agosto, rexistráronse 600.918 toneladas. O dato tamén é inferior se o comparamos co do mesmo período hai xusto un ano, que se situaba en 602.011.
As comunidades autónomas co prezo máis alto varían nesta ocasión e son Canarias (0,618 €/litro), Cataluña (0,553 €/litro) e o País Vasco (0,546 €/litro). Galicia (0,490 €/litro), Baleares (0,506 €/litro) e Madrid (0,519 €/litro) anotan as medias máis baixas