A Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio Agricultura, Pesca e Alimentación, publicou o Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeros Compradores correspondente ao mes de abril. Estes últimos datos mostran un prezo medio do conxunto estatal de 0,336 €/litro, similar ao rexistrado en marzo (0,337 €/l), pero lixeiramente superior ao anotado no mesmo mes do exercicio 2020, cando se lograba un prezo medio de 0,332 €/litro, e tamén maior ao rexistrado no último abril prepandemia (0,326 €/litro, no mesmo mes de 2019).
Canarias (0,425 €/litro), Asturias (0,355 €/litro), País Vasco (0,353 €/litro) e Castela A Mancha (0,348 €/litro) son as comunidades que rexistran os importes máis altos, mentras que Baleares (0,323 €/litro), Galicia (0,328 €/litro), Estremadura (0,332 €/litro) e Aragón (0,333 €/litro) se sitúan na zona contraria, cos datos máis baixos.