INFORME FEGA AGOSTO 2021

O prezo medio do leite, segundo o FEGA, segue moi por debaixo das cifras rexistradas en Europa

O prezo medio do leite, segundo o FEGA, segue moi por debaixo das cifras rexistradas en Europa

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar o informe de entregas de leite correspondente ao mes de agosto de 2021, no que se rexistra un prezo medio de 0,338 ?.

Por comunidades autónomas, alcanzan os prezos máis elevados Canarias (0,425 €/l), País Vasco (0,366 €/l), Cataluña (0,352 €/l) e Andalucía (0,351 €/l). No outro extremo sitúanse A Rioxa (0,319 €/l), Madrid (0,323 €/l), Galicia (0,327 €/l) e Baleares (0,329 €/l).

A pesar de que o cambio de tendencia, á alza, continúa en ascenso desde xuño, o prezo medio en España segue moi por detrás do rexistrado en todo este período en Europa, onde se alcanzou unha media de 0,3597 €/kg.